Junio 13th, 2008Casa Marcelo

Por primeira vez dende a apertura hai case dez anos, Casa Marcelo pechou por seis meses no inverno 2007-08 para someterse a unha profunda remodelación, da que saíu un restaurante no que a cociña está aínda máis aberta ao comedor, que resulta máis luminoso e, se cabe, aínda máis acolledor que antes da reforma.

Marcelo e o seu equipo empregaron eses seis meses para investigar e traballar en novos pratos e novos produtos. O pan líquido en aerosol e a empanada feita co mesmo foron as grandes estrelas, pero houbo moito máis.

Casa Marcelo abriu cun proxecto claro e ben definido. Non había carta e o menú era fixo, variando con frecuencia. Moitos consideraron que aquilo era un suicidio programado, pero unha década despois a fórmula segue a funcionar e xa foi copiada por outros restauradores.

A de Marcelo é unha cociña sinxela, con poucos ingredientes en cada prato, pero sabiamente combinados e buscando a sorpresa do comensal. O ollo da lura, falso porro, tomate kinder, son algúns dos pratos que cumpren esas premisas, non menos famosos que as súas sardiñas en lata, a bica, a pescada con caldo de pementos e pil-pil de limón ou as preparacións con algas, nas que sen dúbida é o mestre dos cociñeiros galegos.

Casa Marcelo
Rua Hortas, 1
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 558 580

Ver en mapa

Coordenadas decimales para GPS: 42.880736 - 8.546859

Junio 4th, 2008A Estación

Emprazado na estación do ferrocarril de Cambre (A Coruña), A Estación ofrece un delicioso ambiente de vagon restaurante de ferrocarril, amenizado polo paso dos trens de proximidade pola vía contigua.

Dispón ademais dunha segunda sala espléndida, que a diario funciona como comedor de fumadores pero tamén pode empregarse como reservado.

Gobernan os seus fogóns Beatriz Sotelo, gañadora do concurso Cociñeiro do Ano 2008, celebrado no marco de Alimentaria (Barcelona) e Juan Crujeiras, chef fundador da casa.

Cociña innovadora baseada nos produtos do mar e o campo galegos.

A Estación
Estrada da Estación, 51
15660 Cambre (A Coruña)
981 67 69 11

Ver en mapa

Coordenadas decimales para GPS: 43.290889 -8.352238

Mayo 26th, 2008Velis Nolis

A 28 quilómetros de Santiago de Compostela atópase A Estrada (Pontevedra) e alí o Velis Nolis ofrece unha cociña de fusión de tradición e innovación da man do chef catalán Jaume García, que transmite aos seus pratos a paixón pola calidade do produto galego sen por iso esquecer as súas orixes, polo que o toque catalán sempre está presente.

A cociña oriental, e en especial a xaponesa, é outra das paixóns do chef.

Un local sinxelo e acolledor no que gozar da súa carta, o menú degustación ou o prato do día.

Velis Nolis
R/ Antón Losada Diéguez, 24
36680 A Estrada (Pontevedra)
Tel. 986 590 139

Ver en mapa

Coordenadas decimales para GPS: 42.687593 -8.499835

Mayo 21st, 2008Pandemonium

Antonio Botana ía para avogado cando descubriu que a súa verdadeira vocación era a cociña e, como un perfecto autodidacta, comezou a súa formación que o levou por algúns dos mellores restaurantes galegos ata acabar montado o seu propio negocio, Pandemonium, na vila mariñeira de Cambados que, xunto con Yayo Daporta, converteu nun destino gastronómico de primeira.

En Pandemonium atoparemos un acolledor e cálido comedor, ao que se accede a través da vinoteca, e unha carta na que os peixes e marisco da ría de Arousa, que ten aos seus pés, toman protagonismo.

Botana maniféstase como o máis firme defensor dos cefalópodos da ría, e na súa carta non faltan as mellores luras e chocos, así como o polbo, ao que aplica un novo sistema de cocción, envasado ao baleiro, que potencia o seu sabor e proporciónalle unha textura extraordinaria.

Pandemonium
Rúa Albariño 16 bajo 1
36630 Cambados (Pontevedra)
Tel. 986543638

Ver en mapa

Coordenadas decimales para GPS: 42.512507 -8.81435

Mayo 21st, 2008Casa Solla

Pepe Solla (xunior) viviu a súa infancia mirando como os platos fluían da cociña ao comedor do restaurante familiar (un dos templos da cociña tradicional galega no seu momento).

E co paso do tempo fíxose cargo do negocio, mantendo a inmensa calidade dos produtos da terra pero aplicándolles tratamentos máis acordes coa cociña e os gustos e tendencias actuais.

En Casa Solla, emprazado nun vello pazo reformado, cunhas magnificas vistas ao verde de Poio pero a un paso do mar, os peixes e mariscos son unha referencia, pero nos últimos tempos a súa costela de ibérico (un churrasco refinado, como di Pepe) é imprescindible na mesa.

O comedor, minimalista, abrese ao campo circundante a través de amplas cristaleiras, o mesmo que a cociña, sen máis separación coa sala que unha enorme lámina de cristal.

Casa Solla
Avenida Sineiro, 7
San Salvador de Poio (Pontevedra)
Teléfono 986 87 28 84
www.restaurantesolla.com
correo@restaurantesolla.com
Pecha: Luns completo e as noites de domingo e xoves.

Ver en mapa

Coordenadas decimais para o GPS: 42.433435 -8.668749


© 2007 Galicia Gourmet de Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura
< ?php if(function_exists('lp_other_langs')) { lp_other_langs('gl','es'); }?>