Junio 29th, 2008Ensaladilla

A receita familiar.

Primeiro os ingredientes: a que se ve na foto leva medio quilo de patacas novas, algo menos de un cuarto de tomates de ensalada, algo menos de 200 gramos de cenorias e o mesmo de chícharos, 150 gramos de bonito en aceite (peso escorrido do bonito), tres ovos cocidos, un bote de olivas recheas de anchoa, un pouco de cebola, sal, aceite de oliva e vinagre de viño.

Onte cocín as patacas, as cenorias, os chícharos e os ovos. É imprescindible cocer as patacas sen pelar, o mesmo que as cenorias. Cócense en auga con sal e pélanse cando xa van mornas. Os chícharos cócense en auga con sal.

Así que hoxe limiteime a montar o prato: una capa de pataca cocida cortada como para tortilla e derriba un pouco de cebola ben picadiña. Despois sucesivas capas de chícharos, cenorias e tomate, intercalando o bonito e as olivas. E volta a comezar coas patacas. É moi importante salgar as patacas e o tomate. Os chícharos xa teñen o seu sal e as cenorias non o precisan.

Dos tres ovos cocidos reservo dous para poñer cortados en cuartos ao final. Do terceiro reservo a xema e pico a clara polo medio da ensalada. A xema reservada esmágoa nunha cunca, mesturándoa cun pouco de aceite de oliva virxe e vinagre, case tanto vinagre como aceite. Con esta mestura hei mollar a ensalada unha vez acabada de montar a fonte.

Sirvo acompañada por maionesa caseira, feita con ovos, aceite de oliva suave, sal e zume de limón.

Junio 8th, 2008Sorbete de mojito

Ingredientes:
Sorbete de limón Hacendado (marca branca de Mercadona)
Ron Habana Club 3 anos
Hortelá

Preparación:

En copa de cóctel ou similar poñer o sorbete de limón que levará unha media hora fóra do conxelador.

Agregar un pequeno chorro de ron, ao gusto de cada un.

Adornar cunha folla de hortelá fresca.

Nota: a receita pódese realizar con calquera outro sorbete de limón, pero o da marca Hacendado ofrece unha inmellorable relación calidade-prezo, ademais de conter pequenos dados de limón que lle dan unha gracia especial.

Ingredientes:

Pementos de Padrón
Fariña para tempura
Salsa de soia
Sal
Aceite para fritir

Preparación:

Lavar e secar ben os pementos, enfariñar.

Preparar a masa de tempura seguindo as instrucións do fabricante, engadindo salsa de soia e sal.

Pasar os pementos pola masa de tempura e fritir en abundante aceite ben quente, sacándoos para un prato cuberto con papel de cociña que absorba o aceite sobrante.
Servir quentes.

O sal hai que engadilo na masa da tempura porque non podemos salgar os pementos. Hai que ter en conta que a salsa de soia é xa de por si salgada.


© 2007 Galicia Gourmet de Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura
< ?php if(function_exists('lp_other_langs')) { lp_other_langs('gl','es'); }?>