Por primeira vez dende a apertura hai case dez anos, Casa Marcelo pechou por seis meses no inverno 2007-08 para someterse a unha profunda remodelación, da que saíu un restaurante no que a cociña está aínda máis aberta ao comedor, que resulta máis luminoso e, se cabe, aínda máis acolledor que antes da reforma.

Marcelo e o seu equipo empregaron eses seis meses para investigar e traballar en novos pratos e novos produtos. O pan líquido en aerosol e a empanada feita co mesmo foron as grandes estrelas, pero houbo moito máis.

Casa Marcelo abriu cun proxecto claro e ben definido. Non había carta e o menú era fixo, variando con frecuencia. Moitos consideraron que aquilo era un suicidio programado, pero unha década despois a fórmula segue a funcionar e xa foi copiada por outros restauradores.

A de Marcelo é unha cociña sinxela, con poucos ingredientes en cada prato, pero sabiamente combinados e buscando a sorpresa do comensal. O ollo da lura, falso porro, tomate kinder, son algúns dos pratos que cumpren esas premisas, non menos famosos que as súas sardiñas en lata, a bica, a pescada con caldo de pementos e pil-pil de limón ou as preparacións con algas, nas que sen dúbida é o mestre dos cociñeiros galegos.

Casa Marcelo
Rua Hortas, 1
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 558 580

Ver en mapa

Coordenadas decimales para GPS: 42.880736 - 8.546859