Setas e castañas para un doce clásico

Chef:
Pedro Roca
Restaurante:
Pedro Roca

macaron

Ingredientes:

250gramos de améndoa moída
380 gramos de azucre lustre
20 gramos de fariña de boletus

10 gramos de clara de ovo
200 gramos de clara de ovo
90 gramos de azucre
100 gramos de crema de marrons glace


Elaboración
:

Montar a punto de neve firme os 200 gramos de clara cos 90 gramos de azucre.

Tamizar a améndoa e o azucre e engadirlle a fariña de boletus, os 10 gramos de clara e as claras montadas. Traballar a masa e cunha manga de boca para fóra lisa pór montonciños iguais sobre un tapete de silicona e fornear 10 minutos a 160º.

Encher os macarons unha vez fríos coa crema marrons glace.